Queridos veciños e veciñas!
Este ano UDIVAL (Unión Democrática Independente do Val) non concurrirá as eleccións municipais. A miña recuperación física está a ser máis lenta do previsto e dende o partido somos conscientes do desgaste que unha campaña supón, desgaste que agora mesmo non sei que consecuencias me acarrearía.
Valadouro necesita un alcalde, que sexa home ou muller é indiferente, pero debe ser formado e resolutivo. Unha persoa que atenda as necesidades deste Val, que colla o mellor do seu pasado pero centre a mirada no futuro, intentando que a xente nova vexa este pobo como un lugar onde asentarse e formar unha familia. A día de hoxe continúo a pensar que temos potencial e continúo “soñando” con poder fixar poboación, con traer empresas que exploten os nosos recursos e os poñan en valor, con aumentar a calidade de vida dos veciños, con promocionar o noso municipio,…
¿Qué sería dun pobo se o seu alcalde perde a capacidade de soñar e de loitar por lograr facer dun sono unha realidade?
Nós somos dos que pensamos que nos concellos pequenos, con recursos humáns limitados, os políticos deben colaborar e implicarse. Eu, concretamente, non sei traballar doutro modo e para mín os traballadores que me rodearon estes anos foron os meus compañeiros. Xa me gustaría ser deses políticos de sofá e mesa, que mandan e ordean e logo simplemente van á foto. Se este fose o meu caso poderíame presentar sen lugar a dudas, pero eu son incapaz, na miña cabeza unha idea da lugar a outra e pretendo que o meu corpo siga ese ritmo, pero…
Teño que dar grazas, en primeiro lugar ó equipo que forma UDIVAL que en todo momento permaneceu ó meu carón e que agora me deron toda a liberdade de elixir, ofrecéndome o seu apoio incondicional, tomara a decisión que tomara, eles confiaron en mín, sen siglas, sen recursos, só coa ilusión de lograr revivir Valadouro; á xente que me chamou ou falou conmigo para formar parte de independentes se nos presentábamos; a todos os que traballaron conmigo estos anos no Concello, que estou segura que moitas veces miraron os cambios introducidos con certo asombro pero aínda así me axudaron en todo momento; á miña familia e amigos, os máis conscientes do alto prezo que dende fai tempo estou a pagar, pois son os encargados de recoller os restos e reconstruirme a base de ánimos e mimos; e finalmente, ós imprescindibles, ós votantes que confiaron en nós e nos deron a oportunidade de facer as cousas doutro modo e que depositaron a súa esperanza en mín como alcaldable, espero que saiban perdoar os nosos erros e que ó facer unha valoración conxunta do noso paso polo concello, pesen máis os bos recordos que o mal feito.
Equivocámonos. Equivoqueime. Moitas veces, seguro, pero sempre foi coa intención de lograr algo bo para Valadouro, ainda que a miña perspectiva e forma de traballar non é compartida pola maioría dos que neste concello se consideran políticos. Eu non son política, nin quero selo, non penso que todo valla, pola contra creo que aínda existen valores, en respetar a palabra dada, na defensa dos maiores e dos nenos, en non roer a man que che deu de comer, en ir de fronte e non a traizón,… e en todo eso que me inculcaron de pequena e que moitos consideran “bobadas” do pasado.
Quedan numerosos proxectos no tinteiro, máis o noso traballo e os cambios introducidos cremos que se notaron nas distintas áreas e actividades das que nos fixemos cargo, a pesar das numerosas trabas que encontramos no camiño e de que eu este último ano tiven que baixar o ritmo e adaptarme a miña realidade. Moitos dos nosos “sonos”, como o Centro de Día ou a Planta de Biomasa, persoalmente sigo pensando que poden ser grandes realidades e confío que os faiga seus o equipo de goberno que entre.
Pido disculpas a toda a xente que esperaba a nosa presencia nestas eleccións e que se poida sentir defraudada. Espero que me comprendan, pois a vida fixo que neste momento teña que poñer un punto neste capítulo, aínda que só o destino sabe si este é o punto final.
María Fernández Díaz
Portavoz de UDIVAL




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



