Barreiros, 27 de abril de 2015.- O movimento asociativo de Barreiros fai un chamamento a prol da celebración dun debate público sobre o Concello entre as formacións políticas que se presentan ás eleccións do 24 de maio. Consideran que “a participación veciñal directa na toma de decisións que afectan ao ben común é a base da democracia” e, por iso, queren que os cabezas de lista das distintas formacións políticas expliquen á cidadanía nun debate “público, imparcial e aberto” as súas propostas.
As asociacións promotoras, entre as que se atopan asociacións de veciños de distintas parroquias, como as de Vilamar, San Xusto, A Rilleira ou Celeiro, asociacións culturais como Ollomao e Augas Santas, a Asociación de Comerciantes e outras de carácter social ou deportivo, invitan “a todas as asociacións de Barreiros sen excepción a sumarse a esta iniciativa”. Para iso, convocan a unha reunión que se celebrará este mércores, 29 de abril, ás 21:00 horas no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro de San Cosme, coa finalidade de escoller unha comisión organizadora e propoñer data e lugar para a celebración do debate.
Para esta reunión están sendo avisadas todas as asociacións de Barreiros a través dunha carta na que se explica que “co gallo da celebración, o vindeiro 24 de maio, de eleccións municipais e co obxectivo fundamental de que a cidadanía coñeza as propostas das distintas formacións políticas para o concello de Barreiros, propoñemos que se realice un debate público en Barreiros cos tres grupos políticos que presentan candidatura ás próximas eleccións municipais do 24 de maio” e a través da cal se convida a sumarse e tomar parte desta iniciativa.
“Obriga democrática dos candidatos para cos veciños e veciñas”
Unha vez acordado entre as distintas asociacións na reunión deste mércores o lugar de celebración, o día e a hora do debate, as asociacións convidarán aos cabezas de lista de PP, BNG e PSOE a tomar parte “como unha obriga democrática para cos seus veciños e veciñas, que teñen dereito de coñecer de primeira man as propostas de cada partido”.
Para o movimento asociativo de Barreiros, este debate, “de carácter público e absolutamente imparcial”, é plantexado “como un complemento imprescindible aos mítines electorais que poidan organizar os distintos partidos políticos, no cal a cidadanía teña a posibilidade de coñecer e confrontar de primeira man as propostas dos tres grupos políticos, nun espazo no cal se respecten as normas establecidas pola Xunta Electoral para os debates públicos, a saber: respeto é igualdade nos tempos de intervención e respecto nos turnos en función do número de votos obtivos por cada partido político nas anteriores eleccións”.
Sería a primeira vez que se celebra un debate electoral no concello de Barreiros entre as distintas formacións políticas que se presentan á alcaldía. As asociacións promotoras destacan que se trata dunha iniciativa “a prol da transparencia, a pluralidade, a cultura democrática e a participación veciñal na vida do Concello”.
Iniciativa plural que parte de distintos ámbitos
Para facilitar a comunicación entre as distintas asociacións sobre esta iniciativa foi creada a conta de correo electrónico debatepublicobarreiros@yahoo.com. Á reunión deste mércores en San Cosme están convocadas as asociacións de veciños de todas as parroquias, asociacións do ámbito social, cultural e deportivo existentes no Concello, as ANPAS dos colexios, asociacións de mulleres, de gandeiros, de cazadores, etc.
A adhesión a esta iniciativa por parte dunha asociación ou colectivo suporá ter a posibilidade de aportar temáticas, propostas ou preguntas a plantexar en dito debate, para que sexan respondidas polos tres grupos políticos, de maneira que as distintas asociacións poñan sobre a mesa “os problemas, necesidades e propostas dos veciños e veciñas das distintas parroquias, así como nos ámbitos aos que pertencen as asociacións participantes”.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



