As xoias laranxas gozaron dunha Santa Santa percorrendo as pistas, cunha brillante participación tanto no Torneo Kromex Ciudad de Segovia coma no II Torneo Triangular de Semana Santa Imdecum.
O Cadete A conseguiu a quinta praza en Segovia despois de impoñerse a FS Segovia (1-5) e Salamanca (2-5) e sucumbir ante Salinas (4-0) e Palma Futsal (5-3).
E, pola súa banda, os máis pequenos proclamáronse campións na categoría prebenxamín do Triangular de Imdecum en Burela.
Nerea, campioa galega
A porteira do Burela FS Feminino de Liga Provincial, Nerea Abad, proclamouse campioa de Galicia defendendo a selección de Lugo Cadete en Ourense, o xoves pasado.