RIBADEO, 13 DE ABRIL DE 2015.- Veciños de Ribadeo propuxeron ao candidato socialista á alcaldía -Roberto Ramos Piñeiro- que inclúa no programa para as eleccións municipais do 24 de maio a reordenación do tráfico na vila, debido aos problemas de circulación que hai frecuentemente nalgunhas rúas ribadenses. Deste xeito, esta foi unha das suxestións que lle fixeron durante a Asemblea Aberta en Ruta celebrada o pasado sábado dende o parque de San Francisco ata o paseo das Aceas, e que contou cunha trintena de participantes.
Outras propostas
Roberto Ramos explicou que os asistentes a esta actividade organizada polo PSdeG-PSOE local tamén fixeron outras propostas como a substitución por tarefas sociais das sancións económicas que se impoñen por determinadas infraccións ou a creación dun bono cultural para veciños con escaso poder adquisitivo. Ademais os participantes na ruta debateron sobre os principais asuntos que centrarán o programa de gobernabilidade dos socialistas, algúns dos cales xa avanzou o candidato á alcaldía na presentación da candidatura celebrada o pasado xoves. Trátase da adopción de medidas para reducir o número de desempregados no municipio, para mellorar a transparencia do Concello e para fomentar a participación cidadá.

















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



