Tras dous meses de intenso traballo, o grupo de veciños e veciñas de Alfoz promotores da agrupación de electores Veciños Independentes de Alfoz seguen dando pasos para concorrer ás próximas eleccións municipais do 24 de maio.
Coa intención de ofrecerlle ós veciños e veciñas de Alfoz esta nova alternativa, o pasado día 2 de abril de 2015, reuníronse un grupo de veciños e veciñas de Alfoz de mutuo acordo, para constituírse como promotores dunha agrupación de electores baixo a denominación de Veciños Independentes de Alfoz, de acordo co que indica o artigo 169.3 da LO 5/1985, de 19 de xuño, de Réxime Electoral Xeral. O principio reitor desta agrupación, será promover unha candidatura para poder presentarse ás eleccións municipais no concello de Alfoz, convocadas para o día 24 de maio de 2015. Así mesmo, os promotores designaron a administradores e representantes diante da administración electoral. Tras a sinatura desta acta os asistentes compartiron un pequeno aparitivo.
Posteriormente, o pasado venres día 10 de Abril, propúxose, entre os membros promotores de Veciños Independentes de Alfoz, unha lista de candidatos para concorrer ás próximas eleccións municipais.
Debido a que as agrupacións de electores necesitan un número de sinaturas que avalen a candidatura proposta, simpatizantes de Veciños Independentes de Alfoz procederon a asinar ante notario ó longo da semana pasada para que esta alternativa poda presentarse ás próximas eleccións municipais.
Unha vez reunidos os requisitos establecidos no artículo 187.3 da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, referentes ás agrupacións de electores, o pasado 15 de abril, presentouse diante da Xunta Electoral de Zona toda a documentación necesaria para a presentación oficial da candidatura.
Para facer pública a candidatura, Veciños independentes de Alfoz fará un acto de presentación o próximo venres día 24 de abril no restaurante “O Frenazo” de Alfoz a partir das 21.00 horas. Este evento está aberto a todo o público en xeral e tras o mesmo compartirase un aperitivo entre os asistentes.
Os membros de Veciños Independentes de Alfoz queremos mostrar o noso agradecemento ós veciños e veciñas que apoian esta candidatura, co seu aval, cos seus donativos e co seu esforzo pois, grazas a este feito, están permitindo que os electores de Alfoz teñan unha nova alternativa na que poder confiar. Desde VIA esforzarémonos en poder corresponder á confianza depositada con ilusión, humildade e traballo.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



