Burela, 30 de abril de 2015.- O Burela FS Pescados Rubén pechará os seus compromisos a domicilio na penúltima xornada de Terceira División coa visita á pista do intratable Pizzería A Fuga SD Xove FS. O líder, con tres puntos de vantaxe sobre A Estrada FS, recibe os pupilos de Juanma Marrube mañá, no municipal, ás 19.00 horas.
Un punto ante Pazos
Na última xornada, o Burela FS B conseguiu sumar un punto fronte ao Pazos de Borbén (3-3) nunha cita na que os da Mariña chegaron a ter unha vantaxe de 3-0.
Ficha técnica
Burela FS B: Erik, Aitor (1), Pancho, Daniel (1), Hélder, cinco inicial; Rubén, Alemán, Ángel (1) e Javi Fajardo
Pazos de Borbén FS: David, Hugo, Luis, Borja, Jonathan Navarro (1), cinco inicial; Jonatan Fragueiro (2), Alberto
Árbitros: Coello Martínez // Menéndez Nistal (Viveiro). Por Burela FS amarela a Rubén e Ángel; por Pazos amarela a Luis e Borja
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
