Barreiros, 1 de maio de 2015.- O BNG de Barreiros visitou este venres ás veciñas e veciños do Val do Caínzo para avaliar a situación na que quedou o Teleclub tras o impacto que sufriu por un depósito municipal de auga que agardaba desde hai máis de dous meses para ser colocado.
“Segundo nos explicaron, hai máis de dous meses que se presentou un depósito de auga neste lugar, en teoría para colocalo como depósito contra incendios. Esta medida, foi solicitada publicamente polo BNG tras as reunións que estivemos mantendo nas diferentes parroquias e nas que se nos trasladou esa necesidade”, explica a portavoz municipal e candidata á alcaldía de Barreiros polo BNG, Ana Ermida. “Desde aquel momento, os veciños e veciñas do lugar advertiron á concelleira da parroquia, e tamén no propio concello, do perigo que supoñía deixar un depósito desas características no alto sen ningún tipo de protección, xa que único que lle puxeron foron uns troncos horizontais aos lados que, loxicamente, non foron freo no momento en que comezou a rodar.”
“Pero, coma sempre, as actuacións municipais realízanse sen ningún tipo de planificación e carecendo do mínimo rigor. Así, por facerse ver e nun intento de enganar ás veciñas e veciños, levan un depósito para un lugar e deíxano alí sen ningún tipo de medida de seguridade. E máis de dous meses despois, o depósito segue sen estar colocado e provoca importantísimos danos non só no propio depósito, se non nun lugar de uso público como o teleclub da parroquia e en postes de teléfono e da luz”, continúa.
“É a mostra da incapacidade para xestionar, das actuacións feitas sen planificación nin un mínimo de coñecemento das necesidades. O que fixeron neste caso é o que fan habitualmente cada catro anos: poñen maquinaria a traballar uns días, levan material ou moven persoal para aparentar actividade, pero sen facer realmente nada. Dous meses para empezar a colocar un depósito é unha falla de respecto a quen paga os impostos para recibir servizos, ademais de demostrar o tipo de goberno municipal que hai en Barreiros”, afirman.
“Desde o BNG alegrámonos de que non houbese ningún tipo de dano persoal”, afirma Ana Ermida, “pero iso non pode servir para desviar a atención sobre os danos que se produciron e a perigosidade da situación, que pode ter consecuencias aínda sen valorar, incluso a construcción dun novo centro social.”
Ademais, desde o BNG pídenlle ao concello de Barreiros que proceda “inmediatamente a sinalizar e valar o lugar, tendo en conta a situación na que quedou o teleclub, que presenta un risco inminente para calquera persoa que se achegue.”




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



