Burela, 21 de maio de 2015.- O presidente da Fundación Expomar, José Mª González Barcia, fai unha valoración moi positiva da XVI edición da Feira Monográfica Náutico Pesqueira que se celebrou en Burela do 14 ao 17 de maio. González Barcia asegura que a feira está consolidada e de cara á edición de 2017 a Fundación dirixirase a Portos de Galicia para contar con máis espazo na nave de redes, xa que alí tentarase habilitar un centro de negocios e outro dos obxectivos para os vindeiros meses será potenciar a xerencia da Fundación Expomar para darlle máis puxanza á feira a nivel internacional.
González Barcia dixo que “a primeira valoración que nós facemos é francamente positiva porque esta feira está perfectamente consolidada e está pouco a pouco ganando terreo a outras e soamente hai que darse conta que hai outros eventos feirais nos campos da actividade económica que teñen esmorecido. E Expomar, grazas á puxanza do sector pesqueiro, segue a manter un elevado nivel”.
O presidente da Fundación Expomar sinalou que “en principio o carácter da feira seguirá a ser bianual, porque os propios expositores os que nos piden que isto sexa así para darlles máis capacidade e máis potencia ás innovacións que aquí se poidan presentar cada dous anos”. E lembrou que “o número de expositores ten chegado este ano a 102 e 300 foron as firmas presentes en Burela. O número de visitantes profesionais ascendeu a 3.885, controlados polas tarxetas que se distribúen aos distintos expositores e ás distintas firmas. Os visitantes chegaron de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Cataluña, norte de Portugal, e delegacións procedentes de Sudáfrica, Holanda, Francia e Italia”.
No balance efectuado este xoves á mañá José Mª González Barcia contou que “o 61% dos expositores chegaron do estranxeiro: Alemania, Holanda, Noruega, Francia, Italia, Islandia, Cabo Verde, Estados Unidos e Xapón. E o resto de España: Galicia, País Vasco, Cataluña, Madrid e Andalucía”.
O presidente da Fundación Expomar indicou que “na xuntanza que mantivemos esta mañá no padroado falamos de novos proxectos para a feira, que convén irse plantexando agora e confiamos que se vaian materializando de cara ao ano 2017. Xa nos puxemos en contacto con Portos de Galicia para aproveitar máis, si cabe, a actual nave de redes. Esta instalación conta cuns espazos que de momento nunca se usaron para a celebración da feira e hai que ver si se poden utilizar porque vemos que a feira pode e debe ir en aumento. Na vindeira edición da feira tentaremos contar con un centro de negocios no propio recinto para que se poidan facer exposicións a grupos de 10 ou 15 persoas e tamén entendemos que debemos potenciar a figura do xerente da Fundación Expomar, imos ver como se pode facer. O que está claro é que si queremos darlle máis puxanza a Expomar a nivel internacional, para que ao seu tempo conte aquí con máis expositores e con máis firmas, deberíamos dar un paso adiante para reforzar o papel da xerencia de Expomar”.
José Mª González Barcia engadiu que “temos unha feira completamente consolidada, pioneira no sector, en auxe porque os propios expositores así o din, e unha feira que significa moito para o noso concello pola proxección que supón para o nome de Burela, pola dinamización da vida económica durante todos estes días e todo o que representa como proxección do sector pesqueiro, motor fundamental da economía e da vida burelesa”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



