O pasado domingo 17 de maio, 51 membros do Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, fixeron a Ruta O Camiño da Republica na Comarca da Fonsagrada. Con saída na aldea de Liñares de Bidul e chegada a aldea de A Naraxa, percorreron 22,5 km. dunha Ruta impresionante pola sua beleza natural e paisaxistica (montes autóctonos, encoro de Grandas de Salime, Camiño da República, desfiladeiro do rio Lamas e Praia Fluvial da Pena do Inferno…..etc.). Unha auténtica ruta de sendeirismo, cun día radiante de sol, que superaba os 30º de temperatura. A comida fíxose na Área Recreativa de A Ferrería no río Suarna. O final paseo pola Fonsagrada para tomar un refrixerio.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



