Valadouro, 20 de maio de 2015.- As bolsas de Anaphes (o tratamento biolóxico contra o ataque do Ginipterus scutellatus nos eucaliptais) adquiridas polo Concello de Valadouro xa están colocacadas nos montes. A súa distribución pódese consultar no taboleiro de anuncios do Concello (planta baixa) en planos nos que figuran as fotos aéreas coas coordenadas UTM de cada bolsa, ademais existe un informe da empresa que se encargou da devandita colocación explicando esta distribución, de maneira que todo veciño que queira informarse ou calquera aclaración só ten que poñerse en contacto coa Asociación de Produtores de Madeira de Valadouro-Alfoz (PROMAVAL).
Ademais, dende Promaval tamén se procedeu á distribución de bolsas entre os socios e as que non foron recollidas por estes foron colocadas aleatoriamente por todo o Val (ambos os dous municipios) este fin de semana.
Prégase aos veciños que non manipulen as bolsas e que para calquera aclaración se poñan en contacto cos representantes da Asociación.
Desde Promaval esperan que con ambas as dúas medidas se free o ataque nos eucaliptais da zona e que isto sirva de base para unha actuación conxunta doutras asociacións e concellos no futuro.