Burela, 22 de maio de 2015.- A Peña Barcelonista de Burela é a organizadora da “XXV Xuntanza de Peñas Barcelonistas Galegas” que terá lugar os próximos días 13 e 14 de xuño en Burela. O F.C. Barcelona estará representando oficialmente por algún dos seus directivos e varios exxogadores, a día de hoxe sen confirmación definitiva, pero entre os que se perfilan Ricardo Serna, Julio Salinas, Paco Clos ou José Moratalla.
O máis destacado do programa de actos do sábado 13 é a recepción dos directivos das 28 peñas galegas e a entrega de acreditacións, así como un acto público no Auditorio Municipal (Casa dá Cultura) que consistirá nunha charla coloquio con directivos e exxogadores do club e xornalistas de Mundo Deportivo, un dos patrocinadores do evento. Espérase contar cunha réplica dos 3 principais trofeos do triplete (Liga, Copa do Rei e Champions Leage) con posibilidades de conseguirse este ano para deleite dos afeccionados, que poderán fotografarse cos trofeos. Está prevista unha asistencia dunhas 200 persoas das penas galegas, máis os afeccionados locais e comarcais ao futbol, que poderán asistir a un acto totalmente aberto ao público e ao que están invitados.
O domingo 14 destaca pola súa vistosidade un pasarrúas polas rúas máis céntricas co desfile das peñas e os seus estandartes a partir das 11:00 h. han comprometida xa a súa asistencia máis de 400 socios e simpatizantes das 28 peñas galegas, e espérase a participación dalgún representante de peñas de Asturias e Castela-León. Ao finalizar o pasarrúas, no Auditorio haberá unha recepción de autoridades a todos os participantes na Xuntanza, onde se fará entrega dos 4 premios Barça-Galicia, un galardón anual para os peñistas destacados por proposta das peñas de cada provincia. Finalmente haberá unha comida de confraternización no Rte. Louzao de Area, con entrega de regalos para todos os asistentes e sorteos varios.
A Peña Barcelonista de Burela conta na actualidade cuns 200 socios, e recorda aos interesados en asistir á cea do sábado e/ou comida do domingo que teñen de prazo ata o venres 5 de xuño para retirar as entradas en Barbaría Daniel e Restaurante A Marquesa. En marzo deste ano cumpríronse 20 anos da inauguración oficial da Peña Barcelonista de Burela, acto ao que asistiu o directivo Javier Ilincheta, o exxogador Ricardo Serna así como varios delegados doutras peñas de Galicia.
Por último, dende a peña agradecen a todas as empresas e comercios da Mariña a súa colaboración económica para axudar a sufragar os gastos de organización deste evento, cuxo presuposto total é duns 35.000 euros.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
