Lugo, 21 de maio de 2015.- A voceira do Grupo Provincial do Partido Popular, Elena Candia, denunciou este xoves pola mañá a situación vivida este mércores por parte das persoas que se presentaron ás probas de selección para acceder a un posto de traballo nas residencias públicas da Deputación. Candia cualificou o proceso de “vergoñento”.
A voceira dos populares explica que foron moitos os aspirantes que lle trasladaron as súas queixas ante este proceso que Candia considera “inadmisible e froito dunha absoluta desorganización por parte do equipo de goberno provincial e do ente responsable, Suplusa”.
A popular explica que os feitos dados onte permiten falar dunha situación “penosa e surrealista, o nunca visto nun proceso destas características e que, incluso, -matiza Candia-, provocou o abucheo á organización por parte das persoas que se presentaban ás probas”.
Candia enumera que os aspirantes trasladáronlles casos como o do reparto dos exames entre os asistentes ata media hora antes de empezar a proba, nun sobre aberto. A maiores, os exames “pouco menos parecían feitos á man, sen ser o típico exame regrado e codificado”, matiza a popular, que engadiu que o número de preguntas “nin tan sequera coincidía co exposto nas bases”.
Ao recinto, onde se realizou a proba, os aspirantes entraron con mochilas e carpetas ás que, dado a pouca vixilancia, se podía ter acceso durante os exames; a maiores de empregarse os móbiles e de non gardarse o silencio necesario para a realización deste tipo de probas e incluso, moitos dos aspirantes, tiveron que realizar os exames de pé. A isto engádense problemas coa megafonía, o que imposibilitaba que todos os asistentes escoitaran as normas para a realización das probas.
Polo tanto, “deuse un auténtico descontrol, sen a vixilancia necesaria, e sen o persoal suficiente e os expertos necesarios que permitisen resolver as dúbidas aos asistentes”. Neste senso, Candia lamenta esta situación e censura que a Deputación de Lugo e o organismo Suplusa estea a xogar coa sensibilidade da xente que se presenta a unha proba para acceder a un posto de traballo e se atopa cun “auténtico desastre”




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



