Burela, 18 de maio de2015. Este luns dan comezo as obras de renovación do firme nas rúas Leandro Cucurny e Travesía do Porto, grazas a unha subvención concedida pola Xunta de Galicia.
O alcalde, José Mª González Barcia, dixo que “a subvención ascende a un total de 34.992 euros, o 80% da base impoñible. O investimento total, incluído IVE, será de 52.925 euros”.
Pola súa banda o concelleiro de Obras, Manuel Fernández Valle, indicou que “estes traballos se farán ao longo deste semana, para que estean listos de cara á celebración do mercado do vindeiro venres, e para que non coincidan coas festas patronais de Burela”. O rexedor pide disculpas “polas molestias que se poidan ocasionar. Estamos convencidos de que os veciños agradecerán estas obras, porque lle facían boa falla a estas rúas”.