O mariñán Cristóbal Rodríguez Fidalgo participará esta fin de semana en Moscú na Kremlin Cup, proba que reunirá aos mellores pentatletas do mundo tanto na categoría masculina coma feminina. Cristóbal viaxou este venres en dirección a Rusia, onde competirá o domingo.
Cristóbal viviu un mes bastante complicado por culpa da asma e da alerxia, polo que non puido adestrar de forma continuada. Así que haberá que ver en que condicións chega a esta competición.
A Kremlin Cup é un torneo internacional de gran prestixio, ao que só se acede por convite persoal da Federación Rusa de Péntatlon Moderno, e que reúne aos 36 mellores especialistas do mundo tanto homes coma mulleres na devandita modalidade deportiva. A competición, que dará puntos para o ránking mundial, celébrase segundo as normas da Federación Internacional de Péntatlon Moderno e terá lugar no “CSKA” Sport Complex de Moscu.
Será a terceira vez que o mariñán está convidado para participar neste evento. Con anterioridade participou nos anos 2012 e 2014. É o único español que foi invitado para competir este ano na Kremlin Cup.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
