Burela, 8 de maio de 2015.- O pasado xoves, día 7 de maio, dentro do mes de debates políticos polas eleccións municipais no programa Parolando, contamos coa presenza de Ismael Rego (antigo parlamentario do PSOE), Iván Marrube (de Compromiso por Galicia), Ramón Casas (sen afiliación política mais moi activo na vida cultural mariñá) e Daniel Vega (Presidente Provincial das Novas Xeracións do PP). Foi un debate intenso e ameno no que se trataron diversos temas relacionados coas municipais na Mariña Lucense. O programa pódese escoitar aquí.
























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



