Alfoz, 3 de maio de 2015.- Lagoa renovou o seu título de Campioa das Olimpíadas Interparroquiais de Alfoz. Chegaran con posibilidades á última xornada as parroquias de Lagoa e Mor, pero esta última quedou máis abaixo nos puntos deste sábado 2 de maio e, finalmente, Lagoa alzouse co triunfo. Como medalla de Prata quedou a parroquia de Mor e como medalla de Bronce a parroquia de Adelán. O gañador desta última xornada, a dos Xogos Populares, foi a parroquia das Terras Altas, na que se combinan xogadores das parroquias de Oiras e Pereiro. O Xuíz dos Xogos Populares foi Roberto Montero, axudado por Santiago Quirós.
A clasificación final das II Olimpíadas Interparroquiais de Alfoz foi a seguinte:
1. Lagoa – 656 puntos.
2. Mor – 621 puntos.
3. Adelán – 504 puntos.
4. O Castro – 465 puntos.
5. Bacoi – 432 puntos.
6. Terras Altas – 421 puntos.
7. Carballido – 408 puntos.
8. Reirado – 292 puntos.
Como resumo, dicir que Bacoi gañou a Proba Cultural, Lagoa a de Fútbol Sala, Mor a Proba Artística e Terras Altas os Xogos Populares.
Como o ano pasado, o éxito das Olimpíadas foi total, con centos de veciños abarrotando as gradas do Pavillón Municipal e gozando de catro semanas de paixón, emoción, rivalidade sá e boa veciñanza. As Olimpíadas merecen seguir para anos vindeiros.
Mándovos dúas fotos, unha dos tres gañadores dos Xogos Populares, representantes das Terras Altas (Gil, Erik e Fran) e outra coa parroquia que se levou a medalla de Ouro nestas II Olimpíadas (Lagoa), xunto co Alcalde e algúns concelleiros de Alfoz.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



