Foz, 13 de maio de 2015. Dentro da programación cultural organizada polo Concello, Foz acollerá este xoves unha nova proxección do ciclo Cinema no Cenima e o venres comeza a terceira edición do Festival de Voces Xóvenes A Capela.
O concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo Soto, explicou este mércores que “mañá, xoves 14, haberá Cinema no Cenima ás oito e media da tarde coa película Os fenómenos. O despacho das entradas estará aberto a partir das oito e o prezo será de 3 euros”.
Ánxel Paleo engadiu que “o venres, día 15, dará comezo na Sala Bahía o terceiro Festival de Voces Xóvenes A Capela, que cada ano intentamos realizalo con novos grupos e coros e nesta ocasión contaremos con cinco concertos, todos eles na Sala Bahía a partir das 8 e media da tarde e con entrada gratuíta. Abrirá o festival o Coro da Escola Municipal de Música de Foz este venres; e o próximo, 22 de maio, á mesma hora actuará o coro do colexio Lois Tobío, de Viveiro; o sábado 23 estará en concerto do dúo PiaCell, con Xavier Doural García e Ana Represas Catalán; o venres 29 actuará o coro Los peques de León de Oro, de Luanco; e o venres 4 de xuño estará o coro do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro”.
O concelleiro de Cultura focense rematou invitando “a todos os veciños a que se acerquen á Sala Bahía e que se gocen deste amplo cartel que dalgún xeito é un agradecemento a todos estes rapaces polo traballo diario que fan para o deleite de todos os espectadores”.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



