Barreiros, 19 de maio de 2015. O alcalde, Alfonso Fuente, desminte as acusacións realizadas polo BNG nos mitins destes días. O rexedor di que é falso que o Concello teña unha débeda de 5,5 millóns de euros e subliña que Barreiros non se merece unha oposición desa talla política. Para Alfonso Fuente en campaña non todo vale e engade que o que queren os veciños e as veciñas de Barreiros é un goberno serio, responsable, que non minta e que faga cousas no seu pobo.
O rexedor considera que “chegamos a un extremo onde hai xente que pensa que en campaña electoral vale todo e eu son dos que digo non é así. Hai que ser serios e responsables, sobre todo diante dos veciños, porque aínda que sexamos representantes políticos tamén somos veciños. Digo isto porque hoxe volvemos ver como o Bloque Nacionalista Galego cifra en 5,5 millóns de euros a débeda do Concello de Barreiros. Ata a propia secretaria interventora do Concello se sorprendía, porque iso é mentira e xa tivemos que desmentir isto en varias ocasións, pero seguen na mesma, dicindo que o Concello debe isto, que está endebedado. Pero o Concello ten un préstamo de menos da metade do que din, concretamente de 2,5 millóns de euros. É unha débeda que vai ir pagando como calquera veciño que saca un préstamo. O Concello para facer fronte a infraestruturas, a mellora da rede de saneamento de abastecemento, fixo inestimentos que se costearon cun préstamo”.
Fuente Parga sorpréndese “cando din que os votantes do Partido Popular no 2011 están avergonzados do seu alcalde. Que non lle preocupe isto ao BNG, porque aos veciños e veciñas de Barreiros o que lles preocupa é ter unha oposición que minte. Iso si lles preocupa moito, porque estes días cando estamos a visitar aos veciños e lles rebatemos con papeis o que eles vociferan nos mitins, como se soe dicir papeis calan bocas, entón a xente decátase das mentiras que andan contando nos mitins. E iso é moi triste, porque eu creo que Barreiros non se merece unha oposición desta talla, unha oposición á que parece que lle vale todo, pero en política non vale todo”.
O alcalde barreirense cre que “os veciños e veciñas de Barreiros o que queren é un goberno serio, responsable, que non lles minta e que vaia facendo as cousas e sacando Barreiros adiante, como viñemos facendo estes anos: mantendo os servizos e non prometendo, como está a facer a señora Ana Ermida, e poñendo como exemplo Concellos onde goberna o Bloque, anda dicindo que vai facer unhas cousas que logo resulta que nos municipios onde goberna o BNG non as fai. Nin presupostos participativos, nin colaboración con asociacións, nin nada diso se fai nos Concellos onde goberna o Bloque. Polo tanto os veciños e veciñas de Barreiros non poden crer a esta señora, porque nos pon como exemplo Concellos onde non fan o que eles din que van facer en Barreiros. Polo tanto non ten credibilidade e iso é o que lamento”.
Alfonso Fuente Parga engadiu: “neste momento, como representante de todos os veciños e veciñas ata o día 24, evidentemente teño que defender os intereses de todos os veciños e o que non podemos consentir é unha oposición que está mentindo, aínda que sexa en campaña electoral, porque non vale todo”.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



