Lugo, 25 de maio de 2015.- “Son os mellores resultados de toda a historia do Partido Socialista na provincia”. Así de contundente se manifesta o secretario Provincial –Juan Carlos González Santín-, logo de valorar os resultados da xornada electoral de onte. E é que o PSOE conseguiu manter todas as alcaldías existentes, agás a de Monterroso, e gañou outras dez. Deste xeito, o dirixente dos socialistas sinala que “os cidadáns falaron alto e claro. Decidiron co seu voto seguir na senda do progreso baixo os gobernos progresistas, tanto na Deputación como en moitas alcaldías”.
“Sen dúbida, gañaron os lucenses e os veciños desta provincia. Gañaron as persoas que queren gobernos que pensen nas persoas”, indica Santín e engade que, grazas a este apoio, o Partido Socialista conseguiu revalidar a Deputación por terceiro mandato consecutivo. “Por iso, quero dar as grazas a todos os lucenses que exerceron o seu dereito ao voto porque, con independencia do partido que apoiaron, contribuíron a exaltar a democracia: a mellor oportunidade que temos os cidadáns de facernos escoitar”, afirma o secretario Provincial.
“Traballamos duro”
Neste senso, González Santín agradeceu o traballo levado a cabo por todos os candidatos da provincia, “os mellores, sinalou, para representar os veciños dos 67 concellos”.
“Traballamos duro e sentimos o apoio da cidadanía. Por iso, creo que mereceu a pena”. A este respecto, o secretario Provincial destaca que “o estilo de campaña levado a cabo estivo marcado pola proximidade, o diálogo e a participación dos veciños e veciñas”; un estilo, sinalou, “que marcará tamén os gobernos locais acadados”. En definitiva, subliñou, “foi unha campaña limpa e transparente”.
Comezou o traballo
Asemade, engadiu que neste período “escoitamos a todos, fomos a todas as comarcas e a practicamente a todos os concellos. Por iso, dende aquí agradezo, unha vez máis, a confianza depositada e xa lles digo que non os imos a defraudar”, afirmou con rotundidade González Santín. Tal é así, que “dende hoxe mesmo xa comezamos, e xa comecei, a traballar para situar a un socialista na presidencia do Goberno e, dentro dun ano e medio, a José Ramón Gómez Besteiro na Xunta de Galicia”, conclúe.
Importante aumento de representación
Logo da análise dos resultados, obtense que o PSOE aumenta considerablemente, con respecto a 2011, o número de concelleiros en cinco dos seis partidos xudiciais, que son os seguintes: A Fonsagrada, Lugo, Mondoñedo, Monforte e Vilalba, así como o número de edís en 33 municipios (Antas de Ulla, Bóveda, Carballedo, Chantada, Monforte, Portomarín, Fonsagrada, Navia de Suarna, Ribeira de Piquín, Baralla, Becerreá, Castroverde, O Corgo, O Incio, Láncara, Meira, Pol, Abadín, Burela, Lourenzá, Mondoñedo, A Pontenova, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, Viveiro, Quiroga, Ribas de Sil, Begonte, Cospeito, Guitiriz, Vilalba e Xermade).
Por outra banda, cómpre sinalar que os socialistas acadaron maiorías absolutas en 17 concellos: A Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Ribeira de Piquín, Burela, Lourenzá, A Pontenova, Trabada, Ribas de Sil, Becerreá, Castroverde, Cervantes, O Incio, Meira, Pedrafita do Cebreiro, Pol e Samos.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



