Cervo, 15 de maio de 2015.- Domingo 17. Día das Letras Galegas. Cita coa nosa cultura, en toda Britonia.
E en Cervo, no porto das Reais Fábricas de Sargadelos, no seu Auditorio, ás 20 horas, cita para escoitar voces de aquí. Dous coros de dous portos que un día afastado competían, as súas flotas boniteras, nunha costeira que cambiou a vida dos nosos pobos e as súas xentes.
Moito antes de que chegase a industria, os boniteros de madeira, con rachos onde a mariñeiría descansaba sobre colchóns de folla de millo, facíanse ao mar, para encher as adegas e “rular” ao mellor prezo posible para conserváselas que deron traballo ás nosas mulleres.
Deses tempos son os cantarines que se escoitarán este domingo en San Cibrao, por desafío entre “tripulacións”; de Celeiro, Sons de Celeiro; de San Cibrao, Terra-Mar.
É a forma, tradicional, de traer a nosa cultura galega e mariñana na efeméride das Letras Galegas.