Foz, 17 de maio de 2015.- “Foz, Plataforma de Futuro” estivo este fin de semana recorrendo as parroquias de Cangas e Cordido, o candidato quedouse impresionado das revelacións dos veciños de ambas parroquias, debido ás manifestacións de abandono que revelaron facendo alusión a que o Alcalde, que por certo os visitou moi escasamente nos 4 anos de goberno, presuma de un magnífica xestión e que non faga absolutamente nada por estas parroquias.
Eso sí, nos servizos básicos está metendo a man e deixando aos veciños sen luz pública pois mitad das farolas están apagadas e tampouco se rozan as cunetas.
Na parroquia de Cangas existen problemas na rede de augas municipais polo que o remanente que este señor ten na caixa do Concello debería invertilo para contribuir ao benestar destes cidadáns porque o merecen e contribuen pagando impostos como o que máis.
Luis Alfonso Sixto Legaspi comprométese a incorporar no plan urxente de melloras municipais que se aprobará nos primeiros 3 meses de Goberno todas estas deficiencias, porque Cangas e Cordido poden contar nós, tenen a nosa palabra.
Para finalizar, o compañeiro Juan Riveiro mostrou o seu convencemento de que o 24 de maio os veciños de Foz VAN DERROTAR A MENTIRA E A MANIPULACIÓN dos candidatos dos partidos de sempre.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



