Viveiro, 21 de maio de 2015.- A alcaldesa en funcións e candidata do PSdeG de Viveiro, María Loureiro, asumiu o compromiso de percorrer cada tres meses as parroquias da localidade mariñana para manter encontros con todos os veciños e, deste xeito, “coñecer de primeira man as súas necesidades e demandas para tratar de resolvelas canto antes”.
Loureiro subliñou que o goberno socialista seguirá e potenciará a Concellería dedicada en exclusiva á atención das parroquias e o medio rural, continuará co diálogo permanente coas asociacións veciñais e avanzará na dotación do servizo de saneamento nos núcleos rurais.
Museo aberto da Semana Santa
Por outra banda, a socialista ratificou que, “despois de conseguir entre todos a declaración da Semana Santa como Festa de Interese Turístico Internacional”, o seu goberno continuará a impulsar esta festividade, ademais de promover a apertura dun museo aberto dedicado á Paixón nos claustros de San Francisco, o que contribuirá a impulsar o xa gran tirón turístico co que contan na actualidade estas datas.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



