Burela, 17 de maio de 2015.- O presidente da Fundación Expomar e alcalde de Burela, José María González Barcia, afirmou este domingo no seu discurso de clausura que “o importante apoio prestado pola Xunta, a través das Consellerías de Medio Rural e Mar e de Economía e Industria, propicia que desde o Patronato poidamos pensar en novos retos para a Feira que haberá que abordar sen presa, pero sen pausa”.
González Barcia agradeceu persoalmente ao conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, que foi o encargado de clausurar a Feira, a súa implicación con Expomar.
Barcia, que agradeceu unha vez máis o apoio institucional da Xunta, unha vez máis tamén se puxo ao lado do sector pesqueiro para “facer un chamamento público, alto e claro, para que se lle deixe traballar, porque sabe perfectamente como actuar no presente e como garantir o futuro: non podemos perder ningún posto de traballo nestes momentos, non podemos perder ningunha actividade empresarial vinculada coa pesca”.
González Barcia indicou que “o potencial de Expomar é o reflexo do potencial que ten Burela, a Mariña, e a propia comunidade autónoma, un potencial que se fundamenta no traballo continuo e no apoio institucional, no traballo en común con proxectos sólidos e cribles”.
Finalmente, agradeceu o traballo da Fundación e do seu persoal colaborador, pero sobre de todo a asistencia dos expositores e das firmas presentes, avanzando que “a edición de 2017 comeza xa a andar, e na mesma tentaremos abordar algúns deses novos retos que nos marcamos”.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



