Burela, 21 de Maio de 2015. Os nacionalistas seguen a traballar arreo neste tempo eleitoral, sempre do lado das veciñas e dos veciños. Para esta semana final da campaña, os membros da candidatura do BNG-AA teñen previsto pasar polo comercio local, obxectivo dunha boa parte das súas propostas.
Sen ir mais lonxe, na mañá deste martes o equipo do BNG estivo coa xente do Mar nas instalacións de ABSA e tamén na zona en torno á Praza da Mariña e ata chegar ó barrio dos Castros, nunhas rúas cunha gran cantidade de establecementos comerciais, mostrándolles o seu apoio e dandolles a coñecer as súas iniciativas. “A acollida tanto na zona portuaria como na zona urbana foi moi boa; aínda que o descontento cos actuais rexedores do concello é grande, a xente da rúa e do mar agradece que os representantes políticos nos acerquemos a eles e no noso caso relacionámonos de igual a igual coa veciñanza, posto que é o xeito que nos parece máis xusto e mais humilde para escoitar as súas demandas e queixas” engadiu Mario Pillado.
O mércores os nacionalistas acometeron toda a lonxitude da avenida Arcadio Pardiñas e as rúas que desembocan na mesma, tendo en conta que nesa vía se engloban moitas localizacións comerciais de moi variado tipo e que se viron moi perxudicados por medidas como o apagado selectivo do alumeado público durante a última lexislatura.
Este xoves pasaranse pola avenida da Mariña, ó son do paseo marítimo na súa zona mais urbana, chegando ata os talleres que sirven ó porto, cubrindo así un enclave bastante atractivo, pero como todo o resto do sector, tamén arrastra diversas problemáticas e carencias, derivadas da falla de política turística que padeceron durante os catro pasados anos.
A intención da candidatura nacionalista é tentar chegar a todos os comerciantes e autónomos, posto que son parte fundamental do seu programa, como motor da vila e creadores de emprego.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



