Burela, 2 de maio de 2015.- O Burela Pescados Rubén sufriu máis do esperado para vencer ao Majadahonda FSF Afar4 por 3-2. O conxunto mariñao sumou tres puntos ante un rival escaso de recursos que aproveitou a súa oportunidade para pelexar por un empate que finalmente non chegou. Durante o primeiro periodo a superioridade burelá non tiña discusión e sen realizar un partido brillante dominou en todo momento ao Majadahonda. Nos primeiros minutos a mellor ocasión tívoa Claudia co seu remate ao pau e no minuto 8 sería Cris a encargada de abrir a lata visitante. Co 1-0 incrementouse o control laranxa aínda que se resistía o segundo tanto ata que Peque logrou finalizar unha boa xogada para situar o 2-0. Tainã probou fortuna nun par de ocasións con disparos de longa distancia que se foron desviados por pouco.
Co 2-0 chegouse ao descanso e na continuación o Burela Pescados Rubén saíu disposto a non deixarse sorprender. Cunha presión alta encerrou ao Majadahonda que non lograba sacudirse o dominio marinao. A insistencia laranxa tivo o seu premio nunha xogada guiada por Peque que asistiu a Claudia para establecer o 3-0 que parecía sentenciar o partido pero no minuto 31 as madrileñas sorprenderon, por partida dobre, á escuadra local. Marta Rodríguez aproveitou unha perda no área laranxa para situar o 3-1 e dez segundos despois Marta Mateo peitea un balón longo que sorprende a Jozi para establecer o 3-2. Os desaxustes mariñaos facilitaron que as madrileñas medraran e case conseguen o empate que evitou Jozi tras disparo de Marta Rodríguez. O 3-2 provocou o desconcerto local e de novo Marta Rodríguez puido lograr o empate pero o seu disparo saíu desviado por pouco. Na recta final as madrileñas apuraron as súas opcións con xogo de cinco pero o marcador non se moveu e os tres puntos quedáronse en Vista Alegre.
Ficha técnica
Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Bea Mateos, Gaby, Claudia, Peque –cinco inicial- Cris, Tainã, Paula.
Majadahonda Afar 4: Laura, Laura Morales, Marta Mateo, Marta Rodríguez, Mónica –cinco inicial- Marta Vaquero, Gabriela, Celia, Sofía.
Goles: 1-0, m.8, Cris; 2-0, m.18, Peque; 3-0, m.26, Claudia; 3-1, m.31, Marta Rodríguez; 3-2, m.31, Marta Mateo.
Árbitros: Cubero Díaz, Fernández Formoso. Colegio gallego. Amosaron cartón amarelo a Bea Mateos del Burela Pescados Rubén e a Marta Rodríguez e Laura Fernández do Majadahonda.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 27 de Primeira División. Disputado no pavillón Vista Alegre de Burela. 300 espectadores.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
