Recentemente asistimos ó anuncio a bombo e platillo do candidato do PP de Burela: “se gaño as eleccións, serei o responsable da concellería de mar”. Menos mal que dende Compromiso sabemos que tal cousa non vai pasar.
Dito esto entendemos que os veciños de Burela teñen que ser coñecedores do seguinte:
1. As políticas pesqueiras son de caracter comunitario, e veñen reguladas pola “Política Pesquera Común”. Pouco peso ten o SR. Barcia en Bruxelas.
2. O PP e o PSOE utilizan a P.P.C. como moeda de cambio. Nomear Comisarios … por iso sistematicamente estamos sendo ninguneados.
3. O Goberno de Rajoy, con asesores galegos na materia, e aportacións do Sr. Barcia e do Sr. Balseiro por eles anunciadas, dictou unha Orde Ministerial AAA/1307/2013 que ten como función regular a xestión da pesca no caladoiro Cantábrico/Noroeste, que é o noso. Cotas, reparto, paros…
4. O PP vendeu esta Orde como a solución definitiva ó sector e como exemplo de xestión. As empresas armadoras poderían adquirir dereitos de pesca. Algunha fixo inversións de 600.000 €.
Pois ben, dende Compromiso poñemos en coñecemento dos veciños de Burela a nula capacidade de xestión na materia do PP porque esta Orde Ministerial foi anulada pola Audiencia Nacional en Sentencia o 17/02/2015, entre outras cousas porque a Orde vai en contra de Leis de ámbito superior. GRAN CAPACIDADE DE XESTIÓN DO PP.
Este feito supón unha grave inseguridade para as casas armadoras, ademais de poñer en perigo a inversión realizada. Sen empresas non hai traballo Sr. Barcia.
Non vimos a ningún cargo do PP explicar esta situación nun sector importante e bandeira da economía de Burela.
Sr. Barcia, ¿é rentable para Burela ter unha concellería de mar? Dende logo coa capacidade demostrada neste caso polo PP creo que non, se vostede é o responsable.
Dende COMPROMISO pedimos explicacións o PP de Burela sobre a nefasta xestión deste asunto. Que os veciños xulguen.
Juan Carlos Piñeiro Docampo, candidato de Compromiso x Galicia – Concellos Transparentes en Burela.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



