Burela, 16 de maio de 2015.- No acto público celebrado este venres polo BNG-Asembleas Abertas en Burela, o candidato á alcaldía Mario Pillado presentou algunhas das propostas programáticas coas que concorre o BNG ás eleccións municipais do próximo 24 de maio. O acto contou coa presenza do deputado de pesca no parlamento galego, Daniel Rodas, que arropou a candidatura do BNG en Burela, e sinalou que “o BNG é unha garantía para o sector pesqueiro alí onde ten representación ou reponsabilidades de goberno”. Para Rodas, “o PP mira para outro lado mentres o sector se ve abocado ao despezamento”, en alusión ao voto en contra do PP para mellorar as condicións do acordo pesqueiro con Portugal. “A única forza con garantías de traballar para os intereses do sector pesqueiro é o BNG, e por iso Burela ten que votar BNG o próximo 24 de maio”, sinalou Rodas.
Pola súa banda, o candidato nacionalista Mario Pillado, propuxo limitar o soldo do alcalde e reducir o gasto en dietas dos órganos de goberno. “A transparencia no gasto público é unha das prioridades do BNG para o Goberno Municipal, e nese sentido, o soldo do alcalde ten que estar en función das responsabilidades derivadas do cargo, mais tamén ten que adaptarse á realidade socioeconómica de Burela. Por iso consideramos que hai que pór un teito razoábel ás dedicacións e controlar o gasto en dietas dos órganos de goberno”, indicou Pillado.
Reducir impostos e aplicar unha fiscalidade progresiva
O BNG tamén estudará a baixada de impostos para particulares e autónomos, así como aplicar exencións e bonificacións para persoas desempragas e para o comercio local.
Mario Pillado destacou que é fundamental que o Concello faga unha “previsión realista de ingresos”, tendo en conta a constante redución das achegas que proveñen doutras administracións. “Trátase de rebaixar a presión fiscal sobre as rendas máis baixas e ao tempo facilitar o acceso a servizos que consideramos esenciais”, subliñou.
Nesta liña defendeu a implantación de bonificacións e exencións na taxa do lixo e nas taxas de servizos básicos segundo os niveis de renda. Ademais considerou prioritario “mellorar as facilidades para o pago de tributos”, mediante a ampliación das fórmulas de fraccionamento ou permitindo aprazamentos para persoas sen ingresos.
Para Pillado, a modificación do IBI é outra das medidas imprescindibles para acadar unha fiscalidade progresiva e máis xusta. Neste sentido explicou que o BNG propón solicitar unha revisión catastral e reducir as taxas aos pequenos e medianos comercios.
Propostas para potenciar o tecido asociativo e mellorar a calidade de vida
Mario Pillado anunciou outras das propostas do BNG, como apoiar ao tecido asociativo, mediante convenios de colaboración e axudas públicas, acondicionar a antiga praza de abastos e habilitar locais para as asociacións. Tamén anunciou que o BNG traballará para mellorar a habitalidade da nosa vila coa creación de zonas de xogo, espazos para a práctica deportiva de rúa, rúas peonís e medidas para a conservación e posta en valor do patrimonio local. Pillado tamén indicou que será preciso “habilitar canceiras e gateiras para animais abandonados, realizar campañas de estirilización e estudar a creación de espazos para mascotas”.
Mario Pillado criticou o oportunismo do PP
O candidato do BNG-Asembleas Abertas aproveitou para lanzar críticas ao PP, polos anuncios electoralistas en relación a distintos asuntos. Para Pillado, trátanse de “auncios oportunistas e que non teñen ningún tipo de credibilidade”, en alusión á reparación das goteiras nun centro de ensino. “O PP non fixo os deberes nestes catro anos á frente do Concello e aínda non foi capaz de cambiar a cuberta de amianto do pavillón dos Castros, unha obra que non pode agardar e debe ser prioritaria na próxima lexislatura”, apuntou Pillado. O PP deixou moito por facer, como a construción dos vestiarios da Marosa, a declaración de Espazo Natural de Interese Local da zona xeolóxica, a nova estación depuradora… “O BNG está avalado polo traballo, polo rigor e pola seriedade. Esas son as nosas credenciais, e por iso Burela precisa un goberno do BNG a partir do próximo 25 de maio”, conclueu o candidato nacionalista.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



