Ante o elevado número de consultadas recibidas no Concello sobre os cambios realizados nos accesos do tráfico rodado ó peirao, a estación de autobuses e o centro comercial Hipergadis, o Concello de Viveiro publica un mapa aclaratorio.
No que respecta ao peirao e á estación de autobuses, contarán cun único acceso dende a rotonda da oficina de turismo; mentres que terán dúas saídas posibles: unha pola mesma rotonda de entrada e outra pola parte posterior da estación de autobuses a través do centro comercial Hipergadis.
E, no caso do centro comercial Hipergadis, queda eliminado o acceso dende a rotonda da oficina de turismo co obxectivo de facilitar a circulación nesta propia rotonda onde, ata o momento, se orixinaban continuos cortes de tráfico. Agora, o centro comercial contará con dous accesos: un dende o peirao por detrás da estación de autobuses e outro pola actual saída, en fronte á oficina de Correos.
A circulación dentro do peirao e no centro comercial realizarase nun único sentido coa finalidade de garantir a fluidez na circulación.