Barreiros, 20 de maio de 2015.- A candidata do Bloque Nacionalista Galego á alcaldía de Barreiros, Ana Ermida, comprométese a “gobernar para todos”, a poñer o Concello “aos servizo de todos os veciños e veciñas de Barreiros” e a gobernar con “tansparencia, participación e democracia”.
No mitin central do Bloque Nacionalista Galego en Barreiros e arroupada polo vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga, e polo deputado do BNG no Parlamento Galego Cosme Pombo, Ana Ermida dixo que “é unha urxencia un cambio en Barreiros e precisamos o voto de todos e todas as barreirenses para logralo. Pedimos a colaboración de todos os veciños e veciñas de Barreiros, independentemente de que noutras ocasións votaran ao PP, ao PSOE ou ao Bloque porque o Concello é cousa de todos e nós imos gobernar para todos, non imos preguntarlle a ninguén a súa ideoloxía”.
A cabeza de lista do BNG comprometeuse a gobernar con transparencia e a ser “a voz do pobo”. “No noso proxecto para Barreiros ten cabida todo o mundo”, dixo, e puxo como exemplo “como goberna o Bloque en Ribadeo, Mondoñedo e Riotorto, xestionando ben e gobernando para todos”.
Un centro de día para as persoas maiores
A candidata do BNG dixo que “se o Bloque goberna creará en Barreiros un centro de día para as persoas maiores para que poidan seguir vivindo nas súas casas, estean ben atendidas e o seu coidado non recaia todo nas súas familias” e dixo que “a maioría dos concellos veciños xa teñen centro de día mentras Barreiros segue sen el”.
Diante de Cosme Pombo, que foi delegado da Consellería de Vivenda cando se amañaron as vivendas sociais de Barreiros, Ana Ermida afirmou que “o BNG o que promete cúmpreo” mentras lembrou que o tenente alcalde, José Manuel Gómez Puente, prometeu no ano 2009 ascensores para as vivendas sociais “e non se puxo nin o primeiro”, reprochou.
“Desde o BNG non nos adicamos a enganar á xente. Nós non prometemos empresas que nunca chegan nen ascensores que nunca se poñen. No BNG o que decimos cumprímolo. E así o seguiremos facendo. Outros non poden dicir o mesmo”, concluíu a cabeza de lista do Bloque.
A 4 días de que Barreiros cambie de rumbo
A candidata do BNG dixo que “co voto de todos os barreirenses e de todas as barreirenses Barreiros cambiará de rumbo o próximo domingo e iniciará unha nova etapa co BNG, un novo rumbo para pasar páxina e deixar atrás a parálise do goberno do PP destes últimos anos”, afirmou.
Ana Ermida resumíu a etapa de Fuente Parga como alcalde dicindo que “tivo desatendidos aos veciños e veciñas, subiu os impostos sen ofrecer novos servizos e levou o Concello á ruína económica pola súa mala xestión” e reiterou que o Concello de Barreiros debe 5,5 millóns de euros aos bancos porque pedíu un préstamo de 2,5 millóns de euros que hai que pagar en 20 anos “con outros 2 millóns de euros de intereses a maiores, que tamén hai que pagar”, aclarou. “Todo o mundo sabe que cando se solicita un crédito hai que pagar ese préstamo máis os intereses, parece mentira que Alfonso Fuente teña unha xestoría”, dixo a cabeza de lista do BNG.
O único que fixo algo en Barreiros nestes catro anos foi o Bloque
O vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga, dixo que Ana Ermida é “a mellor alcaldesa que pode ter Barreiros” e afirmou que todo o mundo en Barreiros recoñece que “os únicos que fixemos algo en Barreiros nestes últimos catro anos fomos nós, os do BNG, desde o Goberno da Deputación”.
Antonio Veiga lembrou os investimentos realizados pola Deputación en parroquias como San Miguel, onde o BNG arranxou as escolas vellas e o campo de fútbol, en Celeiro, onde tamén se arranxaron as escolas e se fixo un parque infantil e un parque biosaludable, en Vilamartín, onde se arranxou o Teleclube, en Vilamar, onde se amañou o campo da festa, levando ximnasia a 4 parroquias (San Cosme, Celeiro, Vilamar e A Rilleira) ou financiando unha parte importante da axuda a domicilio que presta o Concello.

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



