Burela, 20 de maio de 2015.- O escritor Jose Díaz, autor do celebrado libro de relatos “Sesentaynueve”, doou este mércores ao IES Perdouro de Burela o material cultural e deportivo acadado como parte do premio concedido ao seu relato “El chico de oro” ao gañar o V Certame de Relatos Curtos “Le, escribe… entrena a túa mente!” posto en marcha pola LNFS en colaboración con Kelme e a Editorial SM para celebrar o Día Internacional do Libro co obxectivo de crear hábitos educativos -como o fomento da lectura e a escritura- ligados ao deporte.
O acto tivo lugar na biblioteca do propio centro de ensino burelés. Jose Díaz decidiu entregar ao Perdouro o material bibliográfico e deportivo incluido no galardón, polo fomento continuado do centro educativo a actividades de tolerancia e respecto á diversidade cultural entre a comunidade escolar.
Díaz declarou coñecer desde hai tempo a intervención educativa “Modelo Burela” e aproveitou agora esta ocasión para manifestar o seu recoñecemento explícito aos valores que transmite, totalmente coincidentes cos que subxacen no relato gañador do certame.
Fotografía: Lucía Rivas (fotógrafa oficial do programa “Proxecto Neo” de Radio Burela).























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



