Burela, 13 de maio de 2015.- O directivo do CD Burela FS Pescados Rubén José Ángel Dovale Gradaílle reuniuse coa secretaria do IES Monte Castelo, Inés García Seijo, para agradecer a colaboración de máis dunha década que o centro de ensino burelés vén prestando ao club laranxa.
O traballo conxunto pola potenciación da práctica deportiva une o centro e a entidade burelista desde o nacemento do club. O IES Monte Castelo participa activamente en numerosas actividades do Burela FS e cede as súas instalacións para elas, ademais de mostrar o seu apoio na elaboración de proxectos, centrados especialmente na formación de base, e publicacións do club.
O IES Monte Castelo (rúa dos Matos, Burela, 982580889) é un referente nos programas de intercambio e formación a nivel europeo. Completa a oferta educativa de ESO e Bacharelato, onde destaca a especialidade de Artes, co ciclo medio de Coidados Auxiliares de Enfermería e os superiores de Actividades Físicas e Deportivas e Saúde Ambiental, ensino de Adultos, cursos de formación online de Aula Mentor, ademais de impartir Inglés e Francés como sección da Escola Oficial de Idiomas de Viveiro.
Descubre toda a súa oferta formativa en www.edu.xunta.es/centros/iesmontecastelo/























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
