Cervo, 17 de maio de 2015.- O pavillón de San Román acolleu este domingo ó mediodía a máis de 200 persoas na tradicional romería popular que organiza o PP de Cervo.
A convidada de honra este ano foi a conselleira de Traballo e Benestar Social, Beatriz Mato, quen xunto ao número dous do PP de Lugo e da candidatura popular de Cervo, José Manuel Balseiro e o candidato á alcaldía, Alfonso Villares, interviron nun mitin despois do xantar.
Mato, Balseiro e Villares pediron o voto para o PP por ser “o único partido que demostrou durante estes anos un gran compromiso con Cervo” e proba diso, dixeron, vese no esforzo inversor a pesar da crise.
Neste senso, os populares puxeron en valor a construción da residencia e centro de día en San Ciprián; unha infraestrutura na que se investiron 1.9 millóns de euros para a súa total construción. Lembraron que o 94% do custe foi asumido pola Xunta e o 6% polo concello.
Non pasou desapercibido nas intervencións dos tres mandatarios o anuncio da empresa Stolt Sea Farm, quen confirmou días atrás un novo investimento de 24 millóns de euros no municipio para ampliar as instalacións que neste intre ten en Cervo. Dita empresa, lembraron, aposta por dúas especies, rodaballo e linguado, que non compiten co peixe pescado pola frota local. Salientaron ámbolos tres populares que se crearán 75 novos postos de traballo na localidade.
Titular de Traballo e Benestar Social, secretario xeral do PP lucense e candidato remataron o acto insistindo en que o vindeiro día 24 de maio é necesario acudir as urnas e depositar a papeleta popular na urna para continuar na liña emprendida de facer cousas por e para Cervo.



















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



