Barreiros, 25 de maio de 2015.- O conxunto barreirense certificou a súa presencia nas semifinais da Copa Federación de fútbol sala para conxuntos de Liga Provincial e Autonómica o pasado sábado en Begonte. A pesar de caer derrotados por 5 goles a 4, os mariñáns clasificáronse para a fase final ó vencer no encontro de ida por 4 goles a 3.
O Praias de Barreiros enfrontarase na primeira semifinal a outro conxunto da Liga Provincial de fútbol sala, o Talleres Vilaboa. Os de Lugo acadaron a clasificación tras empatar os dous encontros ante o Castroverde FS (2-2 e 3-3) o valor dobre dos goles fóra da casa resultou decisivo nesta eliminatoria.
Pola outra parte do cadro, o Outeiro de Rei FS derrotou con solvencia ó CD Cubelas FS nos dous encontros (5-1 e 1-8) e enfrontarase ó Hotel Roma FS, que resultou vencedor no duelo entre os dous conxuntos de Sarria, na ida empataron 2-2 coa Peña Españolista e no encontro de volta impuxéronse pola mínima (5-4).
Polo tanto, o cadro final da Copa Federación de fútbol sala de Lugo que se disputará o próximo sábado 30 de maio no Pavillón Municipal de Barreiros é o seguinte:
Semifinal 1 | 16:30 horas | Praias de Barreiros – Talleres Vilaboa
Semifinal 2 | 18:00 horas | Hotel Roma – Outeiro de Rei
FINAL 19:30 horas






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
