Foz, 11 de maio de 2015.- A Agrupación Local do PSdeG-PSOE de Foz e o seu candidato Jaime Cancio queren expresar o seu agradecemento aos veciños de Cordido pola súa excelente participación na xuntanza/mitin que a súa candidatura tivo o domingo día 10 de maio na antiga escola da parroquia.
Desde o PSOE focense declaran sentirse “arroupados polos veciños que abarrotaron o local social e participando tan activamente neste acto no que o nosos candidatos Inés Garcia Balseiro, Ana Rojo Eijo e Jaime Cancio explicáronlles o compromiso de un programa socialista pensado por e para os veciños desde unha forma distinta de gobernar”.
Así mesmo, o candidato entregou un documento asinado polo Secretario Xeral e por el mesmo, asumindo os compromisos con esta parroquia, nesa outra forma de gobernar.