A Agrupación Local do PSdeG-PSOE de Foz e o noso candidato Jaime Cancio convocamos a todos os veciños de SAN MARTIÑO a XUNTANZA VECIÑAL / MITIN o VENRES 15 de maio ás 21.00 horas no CENTRO SOCIAL, co fin de explicar o noso COMPROMISO CON OUTRA FORMA DE GOBERNAR incluído no Programa Electoral de cara as Eleccións Municipais do Concello de Foz.
Por elo, veciño de SAN MARTIÑO, pedímosche que participes nesta xuntanza porque con nos TI DECIDES sobre o noso compromiso de limpeza, mantemento e reparación de pistas no medio rural, facer inventario de camiños públicos e incluír a SAN MARTIÑO cos seus eventos históricos e culturais na promoción turística do Concello de Foz así como o mantemento dos servizos básicos. De esta forma poderás coñecer e aclarar todas as dubidas que poidas ter sobre o noso programa da man dos veciños, con vínculos en San Martiño, que forman a lista dos socialistas de Foz.
FALARÁN:
JAIME GALDÓN COUTO, veciño de Forxán
RAMÓN CANDIA REGO, veciño de Foz.
JAIME CANCIO RODRIGUEZ, candidato á alcaldía de Foz
Os socialistas entendemos que a participación veciñal e moi importante e necesaria porque é a mellor forma de que en SAN MARTIÑO, TI DECIDES, A FORMA DE GOBERNAR PARA OS VINDEIROS CATRO ANOS.