Ante o apoio recibido por os veciños de Foz saturando o aforo da Sala Bahía, o PSdeG-PSOE de Foz e o seu candidato Jaime Cancio vense na obriga de expresar o seu mais grato agradecemento a todos os veciños por a súa excelente participación e acollida que tiveron na xuntanza/mitin co a nosa candidatura e os seus invitados este mércores 20 de maio na citada Sala Bahía.
Esta vez sentímonos mais arroupados que nunca xa que é a terceira vez, que nestas eleccións, os socialistas de Foz convocamos un evento para os veciños de Foz nesta sala que se entende que as outras candidaturas parécelles moi grande xa que ningunha outra formación política se atreveu a utilizala para os seus eventos.
Queremos facer especial fincapé no agradecemento a participación veciñal e a especial participación e apoio dos compañeiros invitados José Luís Raposo, alcalde de Pedrafita do Cebreiro e a Salvador Fernández Moreda nativo de Foz e ex presidente da Deputación Provincial da Coruña entre outros cargos.
Os socialistas de Foz vemos incrementada a nosa responsabilidade cos compromisos coa veciñanza, despois de ver esta expresión de apoio pedíndonos outra forma de gobernar para acabar con as políticas de amíguesmo e seguídesmo, cos dirixentes da sombra, durante estes catro anos de desgoberno do Partido Popular de Foz.
Así pois, seguimos entendendo que mentres os outros candidatos a alcaldía de Foz compiten entre sí utilizando o insulto e a mentira para buscar espazo fronte a política participativa dos socialistas, nosoutros, os socialistas de Foz, unha vez máis demostramos mediante o diálogo que o compromiso socialista, reflectido no noso programa como garante da honestidade do necesario cambio por e para a igualdade dos veciños, vivan onde vivan, desde unha forma distinta de gobernar.
Jaime Cancio (candidato do PSOE de Foz).




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



