Lugo, 8 de maio de 2015.- A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, acudirá o vindeiro luns, día 11 de maio, a Mariña lucense para participar en dous mítines.
A primeira parada será en Lourenzá. Ás 20.30, no salón de actos do Concello, Quintana ofrecerá un mitin xunto ao secretario xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro e a candidata á alcaldía, Emma Álvarez.
A titular do Medio Rural e Mar, pechará a xornada mariñá participando nun mitin en Alfoz, xunto ao número dous do PP lucense, José Manuel Balseiro e o candidato á alcaldía Emilio Lousas. Será as 21.30 no salón de actos do centro sociocultural.
En ámbolos dous actos, participarán alcaldes, voceiros e demais representantes políticos da comarca mariñá.