O segundo Torneo de Xadrez para a categoría pre-benxamín (nenos e nenas nados entre o 2007-2008) desenvolverase o sábado 16 de maio na sala multideportiva do Concello de Xove entre as 10.00 e as 12.00 horas baixo a organización da Escola de Xadrez da ACD.XOVE.
Entre os e as participantes mellores de cada idade procedentes de tódalas Escolas de Xadrez da Mariña entregaranse medallas e trofeos.