Mondoñedo, 27 de xuño de 2015.- O edil de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García, lembra que a Casa da Xuventude ofertará a partir da próxima semana as súas actividades de verán. Tratase dun conxunto de iniciativas, enmarcadas dentro do programa ‘Aberto por Vacacións’, e que se celebrarán durante todo mes de xullo co obxecto de “ofrecer, de xeito gratuíto, opción alternativas nesta tempada estival para os máis pequenos da casa”.
Así, dará de novo comezo o programa Fesqueleandocospeques, que trae unha serie de actividades variadas tanto de interior como de exterior (actividades con plastilina, debuxo, xogos na Alameda…) para os máis novos. Celebrarase para nenos de 4,5 e 6 anos, todos os luns e martes de xullo, de 10:45 a 11:45 horas. Mentres que se ofertará para os nenos dende os sete anos, tamén todos os luns e martes de xullo, pero neste caso en horario de 12:00 a 13:00 horas.
As actividades de verán que se desenvolverán na Casa da Xuventude inclúen tamén dous obradoiros. O obradoiro de restauración da “carroza da zoca”, dirixido a nenos a partir dos doce anos, impartirase os mércores e xoves de 11:00 a 13:00 horas. O obradoiro de teatro ofertarase para o grupo de infantil (a partir dos 7 anos), os venres de 10:30 a 12:00; mentres que o dirixido a maiores de 14 anos será tamén os venres, pero neste caso de 12:00 a 13:30 horas.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



