A Confederación reuniuse no que ía ser a última xuntanza do curso 2014-2015 que se había dedicar a facer balance do curso que está a rematar, pero a recente publicación das ordes que regulan as axudas para a adquisición de libros de texto, así como o novo banco de libros que organizará a Xunta de Galicia co nome de “fondo solidario”, provocaron que a reunión se convertera nunha análise destas ordes, e na organización dunha resposta ás mesmas dende a perspectiva permanentemente reiterada da nosa organización de recuperar o sistema de préstamo universal e gratuíto dos libros de texto e material didáctico adaptado.
A nosa valoración da situación actual e fondamente negativa porque
• O modelo que se nos impón é un modelo parcial, non contempla á totalidade das familias galegas.
• É un modelo que non responde ás necesidades e requirimentos de todas as familias, a Xunta de Galicia presenta un procedemento que continúa a mesturar o normal desenvolvemento dun dereito que debera ser para todos e todas, coa atención social ás persoas en situación de necesidade.
• Baixo o falso paraugas da autonomía de xestión dos centros escolares, está acubillando unha fragmentación da atención ás familias que vai dar lugar a permanentes agravios comparativos.
• Desatende os dereitos das persoas con necesidades específicas de apoio educativo, ao referilas ás posibles valoracións que fagan os equipos directivos para poder exercer o seu dereito, no canto de llelo recoñecer fixando baremos obxectivos.
• Ao non clarificar a vixencia dos libros de texto, e permitir que cadanseu centro escolar poida cambiar os de 4 dos 8 cursos posibles, existirá un tratamento diferente en cada centro escolar galego, coas implicacións económicas discriminatorias que isto supón.
• Converte nunha decisión esnaquizada a actualización ou non dos libros de texto aos currículos da LOMCE, imposibilitando tanto adiar a súa implantación, tal e como demandamos, como levala a cabo.
• Sobrecarga ás direccións dos centros escolares dun traballo administrativo que non lles corresponde, e que os aparta un pouco máis da súa función docente.
• É un modelo que parte da imposición, non foi negociado, nin tan sequera presentado, coa comunicade educativa, malia as nosas reiteradas ofertas de diálogo.
• Afonda na consideración do libro de texto como ben de consumo, ao remitir a unha ampla parte das familias á necesidade de mercar ese material didáctico, desaproveitando o grandísimo valor educativo da reciclaxe e do aproveitamento para o grupo, da importancia de compartir e construír a comunidade.
• Oponse ao mandado constitucional do ensino público gratuíto, e pon outro peso económico importante nos ombreiros das familias galegas.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



