En abril de 1962 comeza a publicarse a revista “A Rapadoira”, iniciativa sen precedente na historia local. Lembramos a emoción vivida por aquel feixe de rapaces que nos embarcábamos na aventura, cando chegaron ás nosas mans os exemplares que cheiraban á tinta da imprenta.“Al servicio de un Foz mejor” era o súbtítulo, en tempos nos que a nosa sociedade vivía un ambiente mais distendido e solidario, e de esperanza no futuro, pois comezaban a superarse as fames da guerra (1936), o que mesmo levou a que a rapazada, eufórica, acuñara o eslogan de “Foz, capital de Europa” Abría este número a carta de Pancho Martínez, entón presidente da S. C.Peña da Rapadoira, no seo da que se editaba “sin mais pretensións, decía, que colaborar ó rexurdimento turístico e cultural de Foz”. A publicación contaba cun plantel de colaboradores mais ou menos habituais: Pepe Beltrán, Luis Cordeiro, Olimpia Pérez, Alfonso Toimil e os focegos da diáspora Manolo Lugilde, Eliseo Oroza, Pepe e Lalo Veiga Pita, con temas variados; espacios fixos: “Deportes”, Mario López Couto, Pedro del Riego, Jaime Beltrán; “Noticiero,” Jhonny; “Anecdotario”, Minguín ; “Poetas Galegos” e “del Foz de ayer”, o director; “Leer para saber” , “Humor y pasatiempos” e “La entrevista del mes”, varios; firmas invitadas: Paco Jaureguizar; Chao Espina, catedrático e Académico; Rufina Solveira, poeta focega; os xornalistas Jorge Víctor Sueiro e Daniel Hortas e o mismísimo Alvaro Cunqueiro ;“Panorama Industrial Focense”: César Rodiguez, “Charín” … e diversos colaboradores puntuais con artigos, contos, poemas, etc. Dirixía este cronista.
O derradeiro Nº saíu en marzo do 63, cun tema polémico: o sí ou o non á Celulosa que aspiraban a instalar en terreos hoxe do parque empresarial. Unha decena de persoas responden a preguntas dunha enquisa en A Rapadoira. Aquéla, é evidente, non se instalou. Hai 50 anos do episodio. A revista rematara a vida e nada semellante volveo a facerse. Foi unha fermosa e laudable experiencia, que queda aí para a historia.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



