Lugo, 30 de xuño de 2015.- O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, presidiu este martes pola mañá a reunión da Comisión provincial de Tráfico e Seguridade Vial na que a xefa provincial de Tráfico, Paula Yubero, presentou o balance de sinistralidade viaria correspondente ao ano 2014, que reflexa un incremento de vítimas mortais nas estradas lucenses con respecto ao ano anterior.
Así, en 2014 rexistráronse nas vías interurbanas da provincia 23 accidentes mortais nos que faleceron 29 persoas, o que supón 10 vítimas máis que en 2013. A pesares dese repunte no número de falecidos, a sinistralidade mantén unha tendencia á baixa na última década nas estradas lucenses.
Á cifra de falecidos en vías interurbanas súmanse as outras dúas vítimas mortais rexistradas o ano pasado en tramo urbano (na coñecida como recta de Magazos, en Viveiro).
No que vai de ano, hai que lamentar seis falecidos nas estradas da provincia, catro en vías interurbanas e dúas en tramos urbanos.
Os sinistros
A xefa provincial de Tráfico, Paula Yubero, fixo unha análise máis pormenorizada dos accidentes mortais rexistrados na provincia ao longo do pasado ano. Neste senso, explicou que a meirande parte destes sinistros foron colisións frontais (12), seguidos de saídas de vía (5) e envorcaduras (4), principalmente. Ademais, 27 dos 29 falecementos en estrada producíronse en vías convencionais, e o resto en autovía. Boa parte dos falecidos viaxaban en turismo (20), seguidos dos que viaxaban en motocicletas (4), en furgonetas (3) e en camión (1). A outra vítima mortal foi un peón que resultou arrolado.
Como factores concurrentes destes sinistros mortais salientan a conducción distraída, a velocidade inaxeitada e a conducción baixo os efectos do alcohol ou as drogas.
Censo de condutores
A provincia de Lugo ten máis de 12.000 quilómetros de rede viaria de distinta titularidade. En canto ao censo de condutores, segundo os datos de Tráfico en Lugo hai vixentes 216.797 permisos de conducir e 860 licenzas (as licenzas posibilitan conducir vehículos para persoas con mobilidade reducida, ciclomotores de menos de 50 cm3 e vehículos especiais autopropulsados agrícolas).
En canto ao parque de vehículos, na provincia están matriculados 261.900 vehículos convencionais, dos que o 72,5% son turismos, o 15,02% son camións e furgonetas, o 5,86% son motocicletas e o resto remolques.
No encontro desta mañá informouse tamén dos resultados das campañas de control e vixianza programadas pola DGT e desenvolvidas o ano pasado en Lugo, tales como campañas sobre control de alcohol e drogas, sobre control de velocidade, control do uso dos sistemas de retención, campañas de control das condicións técnicas dos vehículos ou campañas de prevención dos atropelos.
Noutra orde de cousas, explicouse que ao longo do ano 2014, Tráfico retirou un total de 30.651 puntos na provincia. Houbo ademais 182 casos de perda de vixencia de permisos-licenzas por carecer de puntos, máis de 1.500 dende o ano 2006. Informouse ademais de que o ano pasado houbo en Lugo 410 condenas por delitos contra a seguridade vial.
Integrantes da Comisión
A Comisión provincial de Tráfico e Seguridade Vial é un órgano colexiado de carácter consultivo para o impulso e mellora do tráfico e a seguridade vial tanto no ámbito urbano como no interurbano. Está integrada por representantes de distintos organismos da Administración Central, a Xunta de Galicia, a Deputación Provincial e a Fegamp con competencias en materia de seguridade vial, ben como titulares das vías ou ben como responsables da vixianza e a xestión do tráfico.
Así, na xuntanza desta mañá estiveron, ademais do subdelegado do Goberno e a xefa provincial de Tráfico, o xefe interino do Subsector de Tráfico da Garda Civil, Manuel Julio Meléndez; o xefe da Comandancia da Garda Civil, Miguel Ángel González Arias; o responsable da Unidade de Estradas do Estado na provincia, Héctor Presas; o xefe do servizo da delegación da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) en Lugo, Gerardo Pallares; o enxeñeiro do servizo de Vías e Obras da Deputación, Fernando Planas; o inspector de Policía Local de Lugo, Jesús Piñeiro; e o inspector do Gabinete local de Tráfico, Manuel Vázquez Sanjurjo.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



