Con participantes de case tódolos concellos da Mariña, a terceira edición da ‘Escola de Minitalentos’, un proxecto educativo pioneiro na comunidade galega, comeza o luns 29 de xuño.
Qué é a Escola de Minitalentos?
Durante os meses de xullo e agosto, ofrecemos unha experiencia única na que desenrolamos a creatividade, a imaxinación e o talento co fin de fomentar as capacidades e habilidades dos nenos e nenas. Utilizamos metodoloxías exclusivas para estimular a aprendizaxe mediante o xogo, facilitándolles ferramentas para o seu propio desenrolo persoal.
Os nenos e nenas participan de forma activa no proxecto xa que as actividades e talleres traballan e estan deseñados para potenciar as diferentes intelixencias, despertando o interés en novos campos e descubrindo novas cousas.
Cales son os obxectivos da Escola de Minitalentos?
Primeiro, encher as súas mochilas de experiencias novas, contidos e fortalezas, fomentando a autoestima dos nenos e nenas e a súa motivación.
Segundo, fomentamos as capacidades e habilidades dos nenos e nenas para que sempre podan contar con elas. Ademáis aprendemos a traballar en equipos mentres realizamos proxectos de emprendemento. Traballamos o inxenio, a creatividade, a innovación o empredemento, a comunicación, a colaboración, a solidaridade, o talento, entre otros.
Terceiro, os orientamos para coñecerse mellor, saber o que valen, quererse como persoas e sobre todo, ser felices.
Que horario ten a Escola de Minitalentos?
Non só é un proxecto deseñado para os nenos, damoslles ós pais e nais a posibilidade de poder comezar as 09.00, 10.00 ou ás 11.00, aínda que a escola está aberta de 08.00 a 15.00 favorecendo a conciliciación laboral. As reservas de prazas poden ser por semana ou ó mes, os interesados en reservar na Escola de Minitalentos poden chamar ao teléfono 982.582508 ou enviando un email a raquel@amarina.org.