Santiago, 22 de xuño de 2015.- A Xunta de Galicia vén de outorgar a autorización á Diócese de Mondoñedo- Ferrol para a execución da ampliación do cemiterio municipal no lugar de Igrexa, na parroquia de San Vicente de Lagoa, no concello de Alfoz. A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo vén de remitir á administración local a resolución en solo rústico previa á concesión de licenza municipal para a execución desta actuación.
Na documentación achegada ao departamento de Urbanismo da Xunta recóllese unha ampliación do cemiterio parroquial na mesma parcela do igrexario e da reitoral. A previsión é construír 48 novos nichos e 16 panteóns, máis un novo depósito e aseo. Estas edificacións ocupan unha superficie de 300 m2, é dicir, un 7,4% da superficie real do predio que suma un total de 4.029 m2.
Tal e como se recolle na resolución, a actuación cumpre as condicións de edificación establecidas nos artigos 42 e 44 da Lei do solo, en concreto non supera a altura máxima de 7 metros e a implantación, tipoloxía e acabados harmonizan adecuadamente coa contorna e coa topografía. Non é de aplicación a condición de parcela mínima nin ocupación máxima de parcela, ao tratarse da ampliación dun cemiterio existente.
Por último, tamén se aclara que se deberán obter as licencias municipais e demais autorizacións e informes perceptivos, segundo o disposto na lexislación sectorial que lle sexa de aplicación.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



