Os nenos e as nenas de educación infantil e primaria dos centros de ensino de Barreiros celebrarán este martes 16 de xuño, a festa de fin de curso cunha Abordaxe pirata. A actividade está organizada pola Concellería de Cultura e pola Omix, que explican que “@s nen@s serán auténticos piratas, a través de xogos interactivos e cancións ambientadas nas historias de piratas e corsarios”. A Abordaxe pirata dará comezo ás 11.30 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



