Foz, 11 de xuño de 2015.- O colexio Martínez Otero celebra estes días diversos actos que poñen cabo ao curso 2014 -15:
1.- DÍA 11.6.2015: ACTO DE GRADUACÍON DO ALUMNADO DE ED. INFANTIL
Ás 10:15 h.Nun salón de actos cheo de xente, compañeiros e familias, celebrouse un sinxelo pero moi emotivo acto de graduación do alumnado de 6º de ed. Infantil, que inician así o seu paso para a ed. Primaria.
Comezou cunhas palabras de benvida a cargo da titora Dna. Esperanza Rguez Veiga, a continuación entrega de diplomas, recitado de un poema colectivo a cargo do alumnado, actuación musical e visionado da crónica en imaxes do seu paso por infantil. O acto rematou cunha sorpresa para a titora (tres anos estivo co mesmo alumnado) de parte das familias, un vídeo gravado polo alumnado baixo o formato dos “Gallifantes”, programa de tv xa “descatalogado”.
2.- DIA 11.6. 2015. ENTREGA DE DIPLOMAS DO CONCURSO BIG CHALLEGE
Äs 15,20 h. Coa presenza de todo o alumnado de secundaria, procedemos á entrega de diplomas e publicación dos resultados do concurso BIG CHALLENGE, que mide os niveis de inglés por cursos a nivel nacional, cunha proba unificada para todo o territorio.
Destacamos o nivel xeral do noso alumnado, situado claramente por riba da media nacional e sobre todo o 1º POSTO PROVINCIAL de AARÓN RIVAS TERRÓN, de 4º de ESO
3.- DÍA 12.6.2015 . DESPEDIDA DO ALUMNADO DE 4º DE ESO
Ás 12:00 h.- No salón de actos, despídense os alumnos e alumnas de 4º de ESO, algún deles, a maioría, alumnos do centro durante 13 anos dos seus 16.
Asiste a este acto todo o alumnado do centro e as familias dos que se despiden. A celebración terá a seguinte estrutura:
– Benvida, a cargo do alumnado de 4º,
– Intervención dos diferentes titores/as que tiveron nas diferentes etapas educativas.
– Carta de despedida,
– Actuación musical a cargo do alumnado.
– Entrega de orlas e agasallos.
– Visionado da crónica gráfica do seu paso polo centro
– Remataremos cuns pinchos para as familias, profesorado e alumnado na sala de xadrez do centro.
4.- SEMANA DO 12 AO 19 DE XUÑO:
12 a 20.- Viaxe fin de estudos 4º ESO (Crucero polo Mediterráneo)
15 a 18.- Viaxe a O Porto (Portugal) 3º ESO
18.- Viaxe á Coruña Mc2.- 1º 2º ESO
18.- Viaxe a Cerceda.- 3º a 6º de primaria
Actividades e obradoiros varios para ed infantil e 1º ciclo de primaria: Visita ao mercado, compra de froita, degustacións varias …