Burela, 22 de xuño de 2015.- Nova iniciativa de Mujeres en Igualdad Burela, que presenta un servizo de almorzos gratuítos durante a época estival, para nenos cuxas familias teñen poucos recursos.
Mujeres en Igualdad Burela formulou esta iniciativa á Concelleira de Servizos Sociais do Concello de Burela o venres pasado, e dado que dende a Concellería esta iniciativa foi ben acollida, e se prestaron a colaborar coa asociación, achegando o necesario para a súa posta en funcionamento, este novo programa de Mujeres en Igualdad Burela comezará a funcionar xa este mesmo martes, en horario de 10 a 12 da mañá, nas instalacións da asociación.
Aquelas familias que queiran que os seus fillos se beneficien deste servizo, deberán anotarse nos Servizos Sociais do Concello, ou no local de Mujeres en Igualdad Burela.