Lugo, 22 de xuño de 2015.- Este luns celebráronse as eleccións sindicais aos órganos de representación (Xunta de Persoal e Comité de Empresa) na Deputación de Lugo. UGT volveu gañar, renovando o seu liderazgo.
Deste xeito, con respecto á Xunta de Persoal, UGT acadou 6 delegados, fronte aos 4 de CC.OO, 2 de CSIF e 1 de CIG. Destaca a alta participación. O censo electoral era de 397 persoas e os votos válidos sumaron 386, os blancos 5, os nulos outros 5 e as abstencións 11.
Os delegados electos da Xunta de Persoal son:
– Ana María Abel Longarela (UGT)
– Antonio González Chaín (UGT)
– Valentín Lago González (UGT)
– Alfonso Fernández Alonso (UGT)
– María Asunción Pérez Vázquez (UGT)
– José Antonio Crende López (UGT)
– José Manuel Cebral Varela (CC.OO)
– José Núñez Beloy (CC.OO)
– Laura Vázquez Janeiro (CC.OO)
– Marta Alameda López (CC.OO)
– María José Castro Darriba (CSIF)
– Miguel Rodríguez Aldariz (CSIF)
– Antón Rodríguez Prieto (CIG)
Con respecto ao Comité de Empresa, nova vitoria para UGT, que acadou 3 delegados fronte aos 2 de CC.OO 2. Nin CIG nin CSIF obtiveron representación. A participación foi do 100%. Votaron as 79 persoas que integraban o censo electoral. Non houbo nin votos nulos, nin en branco.
Os delegados electos da Comité de Empresa son:
– Humberto Paz Rodríguez (UGT)
– Gonzalo Rodríguez (UGT)
– Miguel Traseira (UGT)
– Félix Palacios (CC.OO)
– Manuel Gil (CC.OO)


















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



