As Aulas Universitaria da UNED de Viveiro e Foz con motivo da 26 edición dos “Cursos de Verán” ofertan na modalidade de STREAMING (conexión do alumno dende a casa) os cursos organizados polo Campus Noroeste e que se celebran de forma presencial no Centro Asociado de Ponferrada:
– Mobile environments and tools for learning and using English internationally, do 24 o 26 de xuño de 2015, este curso presenta as mellores formas de optimizar o uso dos dispositivos móveis para o desenvolvemento da competencia comunicativa en inglés no ámbito internacional. (2 Créditos de libre configuración, 1 ECTS).
– Red Conectados 3º Summer course en análisis de redes sociales (ARS) y 3º Workshop en investigación, do 1 o 3 de xullo de 2015. Investigación e metodoloxía de Análise de Redes Sociais (ARS). (2 Créditos de libre configuración, 1 ECTS).
– Marketing digital y empresas 2.0, do 6 o 8 de xullo de 2015. Comunicación social media, comunicación 2.0 e mercadotecnia empresarial. Creación de sitios Web e posicionamento en buscadores. (2 Créditos de libre configuración, 1 ECTS).
– Negocios locales, éxitos internacionales, do 8 al 10 de xullo de 2015. Preténdese demostrar a opción que supón a actividade exportadora e a actuación en mercados exteriores para o desenvolvemento de empresas e negocios, independentemente do tamaño destes. (2 Créditos de libre configuración, 1 ECTS).
Máis información nas Aulas Universitarias de Viveiro e Foz.
Correo electrónico: viveiro@lugo.uned.es / foz@lugo.uned.es
Teléfono:982 56 36 01 / 982133699
http://portal.uned.es/portal/page?_pageid=435,1&_dad=portal&_schema=PORTAL.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



