O 21-12-2012, publicamos un comentario que titulamos “Amores apaixoados” no que, amais doutras cousas, decíamos: “… un noso vello amigo, bó coñecedor dese submundo polo que a cotío deambula boa parte da crase política, dí que os partidos son caldo de cultivo dos odios mais virulentos e do desencontro entre as persoas, onde se escenifica o amor/desamor cos efectos mais funestos, de alcance e implicacións imprivisibles, que alteran gravemente as relacións entre individuos mesmo alleos á cuestión que ventilan os protagonistas”.“A rutura da parella política, cando ambos os dous albergan indénticos obxetivos e só hai praza para un, pode ter un final dramático, convulso e mesmo soprendente para a cidadanía de ben que, estoicamente, soporta tanta agresión verbal, tanta demagoxia , tanta incoherencia e, por suposto, tanta mentira”.
Cando escribimos “amores apaixoados”, á vista do que estaba a suceder, percatámonos de cal ía ser a folla de ruta de boa parte da politicada local; e para tal pronóstico non había que ser un lince: a experiencia acumulada e as vivencias cotiás dinnos que toda iniciativa, política ou de outra índole, inspìrada polo sentimento do odio e do desexo irrefrenable de vinganza, remata sempre en episodios lamentables nos que algúns chegan mesmo a perder a súa dignidade: avatares que se díron nas malfadadas xornadas longas, abúlicas, repetitivas, faltas de inxenio e orixinalidade da pasada campaña electoral e nunhas eleccións que, coma sempre, poñen ao descuberto moita da disimulada falsedade.Acaso foron políticos focenses quen bateron o record de tanta incongruencia, de tanta ignominia na búsqueda de traxicómico argumento que xustificara actuacións impropias de persoas que se consideran a sí mesmas “salvadoras da patria”. Tanta crueldade chegou a provocar o suicidio – político – dun contendiente. Non había que estranarse, pois, de que focegos da tal política espertaran o interese dos medios de comunicación e fosen quen ocuparan titulares de primeiras páxinas: “¡ o de Foz é incrible!” …, decían para sí lectores incrédulos e pouco imaxinativos . O proceso sen dúbida pasará a engrosar o apartado singular coñecido por “as cousas de Hollyfoz”…
Suso Fernández




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



